«A gaita é complexa e delicada»

La Voz

LUGO

XESÚS PÉREZ A ENTREVISTA Sito Carracedo, autor de «Palleta maldita», que se presenta mañá en Lugo

11 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Xente coma Sito Carracedo comeza a quedar pouca en Galicia. Artesán, músico, escritor, mestre, e sobre todo, gaiteiro. Dende o seu taller de Guitiriz, traballa e investiga sobre o mundo da gaita. Mañá, ás 21 horas, presentará no Clavicémbalo o libro Palleta maldita. Trátase do primeiro texto, en galego e castelán, que se escribe sobre cómo se debe afinar a gaita. Conta cun limiar de Xosé Manuel Budiño. -¿Como se decidiu a publicar este libro? -A expresión «palleta maldita» dicímola moito os gaiteiros, cando vemos que está desafinado o instrumento. Sempre é un problema. Non hai nada publicado sobre este tema e moita xente non ten onde recurrir. -¿Como está estructurado o volume? -Quixen facelo de forma sinxelo e didáctico. Conta con ilustracións e fotografías que amosan os diferentes pasos para afinar as palletas, así como orientacións de cómo se deben usar. -¿Hai moito descoñecemento sobre a gaita? Unha palleta dura entre seis e doce meses, e hai moita xente que como é un instrumento da casa e noso, non se lle presta tanta atención. Na contraportada do libro falo de que a palleta maldita non existe, serán as nosas dificultades ou quizáis o tempo que non lle adicamos para saber afinar. A gaita é un instrumento complexo e delicado. -¿Onde se poderá mercar o libro? En tendas de música, nos estudios de gravación e nas librerías. Enviei folletos a tódolos centros galegos do mundo, entre eles o de Nairobi. A edición é de mil exemplares en galego e outros tantos en castelán. Espero que sexa un volume de referencia. -¿En que traballa agora? Estou investigando sobre gaitas de distintos países europeos, como Alemania, Irlanda ou Portugal. Encárgome de recuperar gaitas que xa se deixaron de facer hai moitos anos.