REALIDADE

La Voz

LUGO

MARÍA CUADRADO CONTRAPUNTO

15 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

En contra da precariedade laboral, dos contratos lixo e de pensións dignas se manifestaron onte centos de persoas, unha mínima representación en número do que supoñen os contratos temporais a menores de trinta anos. Unha situación que se repite diariamente en calquera punto de Galicia, como é o caso de Pontevedra, provincia na que se manifestou o 7% da poboación activa; A Coruña, o 1,10%, ou Ourense, o 1,56%. En Lugo, as inquietudes dos sindicatos conseguiron que o 0,74% da poboación activa tomara as rúas. Agora será cuestión de analiza-la realidade do país.