As espectaculares fachas arderán esta noite no castro do Castelo de Taboada

La Voz

TABOADA

?o castro do Castelo, a tres quilómetros da campital do municipio de Taboada, celélebrase esta noite unha das festas máis singulares e de maior forza visual do sur lucense. Ás dez da noite comezará a arder neste asentamento prehistórico un conxunto de 35 fachas -columnas combustibles de varios metros de altura- que ofrecenrá un luminoso espectáculo visible a varios quilómetros de distancia. Como é habitual, os vecinos da zona ascenderán en fila ata o alto do castro portando fachuzos e contribuíndo deste xeito a incrementar a vistosidade da festexo. As especiais características da celebración obrigan a extremar as medidas de seguridade para previr accidentes. Os organizadores da festa -entre os que figura cada ano o editor Francisco Rodríguez, natural do municipio- solicitaron a presencia do corpo municipal de bombeiros de Monforte para axudar a evitar que as queima das fechas teña esta noite consecuencias non desexadas.