A CIG sostén que o incremento faise necesario pola chegada de novas matrículas en decembro
24 ene 2026 . Actualizado a las 19:16 h.Educación non considera preciso desdobrar aulas no colexio de Sober porque a pesar de que a cantidade de alumnos supera o límite legal nalgún nivel o centro funciona de maneira correcta. Iso asegura o sindicato CIG, que sostén que os responsables da consellería empregan este argumento para negar o envío do profesorado necesario para desdobrar un grupo de primeiro e segundo de primaria que supera as ratios legais.
Nesta central sindical reclaman o desdobre urxente deses dous grupos, unha medida que está pendente desde outubro do 2025. Daquela o agrupamento tiña 15 estudantes, un por riba da ratio de referencia. O que sucede é que a inspección de educación alegou naquel momento que a lei permite un incremento de ata o 10% para atender incorporacións tardías e, polo tanto, non viu necesaria a división en dous grupos. Pero a CIG asegura que en decembro chegaron novas matrículas que fixeron que estas dúas clases agrupadas superasen tamén ese límite extra do 10%.