A autora do cartel anunciador da Feira do Viño de Amandi é de Sober

La Voz

SOBER

CEDIDA

Trátase da ilustradora, muralista e deseñadora Ana Santiso, de Sistindomato. O cartel e a programación completa deste certamen vinícola serán presentados mañá no miradoiro de Cadeiras

23 feb 2018 . Actualizado a las 18:54 h.

O Concello de Sober presentará mañá mo miradoiro de Cadeiras o programa da Feira do Viño de Amandi e o cartel anunciador do certame, que este ano se celebrará os días 24 e 25 de marzo. A autora do cartel é Ana Santiso Villar, de Sober e veciña do lugar de Sistindomato, na parroquia de Canaval.

No acto de presentación estarán presentes, además do alcalde Luis Fernández Guitián e a autora do cartel, os adegueiros que participarán na feira, que este ano alcanza a súa edición número 38. O Concello aproveitará tamén para dar a coñecer os actos do denominado Mes do Amandi, a programación de actividades diversas pero centradas no mundo do viño coas que os organizadores tratan de darlle visibilidade ao certame durante as semanas previas á súa celebración.

Ana Santiso é ilustradora, muralista e deseñadora e o seu cartel foi elixido entre un total de 28 chegados de diferentes puntos de Galicia, Andalucía, Castela León, Castela A Mancha, Estremadura e A Rioxa. O xurado que os revisou estaba formado por Humberto Loureiro, Fernando Vázquez González e Alejandro José Ciurluini. Ademais do cartel gañador, foronlles concedidos sendos accesits como finalistas aos deseños presentados por Edith Nieves Sánchez, da Pobra de Brollón, e Clara Romero Aguado, de Barcelona.