Cambios nos horarios desde xullo

La Voz

SOBER

Cando se faga cargo das tres rutas do románico cooperativa Aldea Nova introducirá certas modificacións nos horarios por considerar que así serán máis adecuados para os usuarios. As visitas ás igrexas de Pantón seguirán ofrecéndose os vernes pola tarde como ata agora. Os percorridos por Sober, que se facían os sábados pola mañá, serán pola tarde. A ruta do Saviñao xa non se fará o domingo pola tarde, senón pola mañá. O prezo que deberán pagar os usuarios pasará de catro a cinco euros por persoa. Desta cantidade, un euro irá a un fondo que se destinará a financiar pequenas operacións de restauración nas igrexas da zona.