A TRIBUNACARLOS CORTÉS
02 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.¿PERO DE VERDADE hai sequía? A ver, enténdanme, sei que no que levamos de verán apenas caíron catro gotas, e todas en tormentas repentinas e breves. Tamén sei que o inverno e a primavera foron secos. Pero ¿tanto se está pasando o tempo con nós como para que falte auga a diario en case todas partes? En Sober non hai auga nin para o centro médico, en Bóveda córtana cada dous por tres... Hai problemas alí onde as traídas non se alimentan de ríos senón de manantiais, que son máis limpos e tamén máis baratos porque non necesitan depuradoras. Pero, claro, non levan toda a auga que deberan. De maneira que así andamos por unha seca só relativa, sorprendente para Galicia pero que parecería de broma noutras latitudes non moi lonxanas. Sobrepóñanse ó medo ó desabastecemento e recorden que vivimos no país dos mil ríos. Aquí auga hai moita. Só hai que montar infraestructuras capaces de aproveitala. E como iso costa cartos tamén haberá que pagar polo servicio. Lástima que haxa concellos nos que aínda está mal visto cobrar por estas cousas.