FOGONAZO | O |
03 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.POR PRIMEIRA vez, nos moitos anos que leva á fronte do concello, o alcalde de Pantón acaba de perder unha votación nun pleno. Un pequeno terremoto político, pero terremoto a fin de contas. Unha rareza máis que ven sumarse a esta precampaña electoral tan estraña, caracterizada por rupturas internas e pola aparición de novas forzas e rodeada de manifestacións e caceroladas.