Á espera de conseguir máis apoios

La Voz

PANTÓN

27 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? ? plataforma Autovía Si e Agora, que o 17 de febreiro conseguiu reunir a uns 400 automobilistas na súa primeira caravana de protesta, contará na na súas novas mobilizacións co apoio da Plataforma C-546, o outro colectivo cidadán creado en Sarria para reivindicar a construcción dunha autovía entre Lugo e o sur da provincia. Así mesmo, os promotores desta plataforma confían en que se incorporen ás súas próximas mobilizacións numerosos veciños da comarca de Lemos. A este respecto, consideran moi positiva a inciativa emprendida recentemente por varios veciños de Pantón e doutros municipios da zona para recoller sinaturas en favor da construcción da autovía de Nadela a Monforte. «Parece que xa houbo máis de mil persoas que asinaron esa petición e sería moi conveniente que polo menos unha parte delas viñese a Sarria a apoiar as nosas iniciativas, porque o que nós estamos pedindo é igual de importante para todos os veciños da zona», opinan os representantes de Autovía Si.