Teatro de Nadal para o público familiar en Monforte

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

O ciclo comezou coa representación da obra «Nadal en prácticas», da compañía Lalá Teatro
O ciclo comezou coa representación da obra «Nadal en prácticas», da compañía Lalá Teatro CONCELLO DE MONFORTE

A Casa de Cultura acolle un ciclo de representacións con entrada gratuíta

24 dic 2025 . Actualizado a las 16:08 h.

A Casa de Cultura de Monforte acolle durante o período festivo de Nadal un ciclo de espectáculos teatrais dirixido ao público familiar que comezou este martes coa representación da obra Nadal en prácticas, da compañía Lalá Teatro. A próxima cita será este venres, cando a compañía Títeres Cachirulo porá en escena a obra O ladrón de xoguetes, protagonizada pola figura do Apalpador.

O ciclo pecharase o próximo día 30 coa representación da peza A fantasía do Nadal a cargo da actriz María Faltri e o músico Reyner Aldana. Todas as obras do ciclo poranse en escena a partir das 18.00 horas e a entrada será gratuíta.