FOGONAZO | O |

05 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

NUN só día acaban de solucionarse -ou iso parece- dúas cuestións pendentes desde hai moito tempo no sur lucense. Por unha parte, anúnciase que o célebre pacto ambiental da pizarra vai cumprirse na súa totalidade. Ao mesmo tempo, afírmase que hai moitas posibilidades de que o Goberno central solte os cartos necesarios para construír a estación biolóxica de Seoane do Courel, que sería o primero centro de investigación científica creado nesta zona. Non está mal para unha soa xornada. Aínda quedan seis semanas ata as eleccións, así que hai tempo dabondo para que uns e outros aspirantes a gobernantes lancen outras promesas que igualen ou melloren estas marcas. Ánimo. ¿Que outros problemas imos ver praticamente solucionados nas próximas semanas? ¿Vanse solventar tamén, por exemplo, as cuestións do porto seco e do xeriátrico de Monforte? ¿E que hai das autovías? ¿E do tren de alta velocidade? ¿E por que non un aeroporto con capacidade para acoller o Airbus?