FOGONAZO | O |

02 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

ANTE a proximidade das eleccións autonómicas, como é habitual, comezan a chover promesas sobre as terras do sur lucense. O mesmo acontece en todas as comarcas galegas. Pero en Monforte sucede un feito curioso. Desta vez, non só andan a prometer traer cousas que de momento non existen, senón tamén hai quen anda ameazando con levarse outras cousas que si existen: o museo ferroviario e o obradoiro de emprego asociado a el. Unha manobra bastante arriscada. Porque os votantes poden aceptar con resignación -xa están máis que acostumados- que moitas promesas electorais non se cumpran unha vez pasadas as eleccións. Pero está por ver cómo poden reaccionar se alguén pretende castigar a un determinado goberno municipal -polos motivos que sexan- quitándolle un bo puñado de postos de traballo a un municipio xa moi castigado polo desemprego. Se cadra a reacción dos votantes non é a que esperaban os castigadores.