FOGONAZO | O |
09 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.ANUNCIAN unha primavera desastrosa para os afectados de alerxias. Non son poucas as persoas que están pasando o día a espirrar e toser a causa dos bruscos cambios de tempo que se producen neste inverno anómalo. Por se fose pouco, en Monforte aínda hai quen sacude alegremente as alfombras nas ventás cando hai xente pasando por baixo. A ver cando nos civilizamos de vez.