FOGONAZO | O |
30 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.A COSTA de xaneiro xa empezou desta volta en setembro. Nas rúas de Monforte non hai moito rebumbio e o PP laméntase da pobre iluminación navideña. Para eles o pobo non luce por falta de lámpadas. Son coherentes: a fin de contas España vai ben. Outros, para os que as cousas pese a todo non van tan ben, andan coa mosca detrás da orella. Se cadra, máis que luces faltan cartos.