A TRIBUNA | O |
10 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A CONSTITUCIÓN di que cidadáns e poderes públicos están suxeitos ós seus mandatos para garantir unha serie de principios, entre eles o de seguridade xurídica. Pois ben, a pesar dese calro precepto o 3 de abril do 2000 o Concello de Monforte, despois de deixar prescribir unha determinada débeda tributaria xerada o mesmo día e mes do ano 1995, en vez de declarala prescrita de oficio, como está ordenado, apremiou de pago ó contribuínte, quen contestou acreditando xurídicamente a prescripción da mesma. Dous anos máis tarde, ou sexa, no pasado mes de febreiro, cando además de consolidarse máis a devandita prescripción e, a maiores, ter caducado o procedemento de apremio, o Concello notificoulle unha providencia de embargo ó interesado, que outra vez contestou, remitíndose á legalidade vixente. Orixináronse así unhas novas actuacións resoltas con un informe complementado con unha posterior nota aclaratoria, o que supón unha verdadeira aldraxe á Lei de Procedemento Administrativo. Pouco servíu o novo alegato do constribuínte afectado, que á vista do cariz que tomaba o asunto envioulle un escrito ó actual alcalde rogándolle que pedise un informe dos servicios xurídicos municipais acerca da prescripción desa débeda. A contestación foi o inmediato embargo, sen ningún tipo de explicación. Fin da primeira parte, deica mañá.