A exposición «Mesturas» poderá verse durante todo o mes de xaneiro na Casa de Cultura
04 ene 2025 . Actualizado a las 11:57 h.A Casa de Cultura de Chantada acolle a exposición «Mesturas», que reúne unha serie de obras do pintor Manuel Cerviño, natural de Bueu. A mostra, comisariada por Manuel Estévez, foi inaugurada este venres nun acto no que participou o poeta chantadino Paco Ledo. Ao mesmo tempo, Cerviño presentou o seu libro Ti, a miña grande obra.
A exposición, segundo indican desde o Concello, consiste nunha «colección de óleos sobre lenzo de diversas temáticas, paisaxes, fauna e figuras humanas nas que destaca o estilo realista do pintor que desempeña a súa faceta laboral no mundo da xardinaría botánica no Pazo de Lourizán». A mostra estará aberta durante todo este mes e poderá visitarse de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, e os sábados de 10.00 a 14.00 horas.
Manuel Cerviño iniciou a súa traxectoria artística en 1998 no terreo do debuxo e despois pasou á pintura. As súas obras foron expostas primeiramente en centros culturais e cafeterías de Bueu, Marín, Cangas do Morrazo e Sanxenxo. Recentemente presentou una exposición de óleos sobre lenzo no Pazo dos Marqueses de Mos.