O documental sobre O Piloto revela os nomes dos gardas que o abateron

La Voz

CHANTADA

Afonso Eiré y Xosé Reigosa ayer en Lugo.
Afonso Eiré y Xosé Reigosa ayer en Lugo. ALBERTO LÓPEZ< / span>

13 feb 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O documental sobre José Castro Veiga, «O Piloto», guionizado polo xornalista chantadino Afonso Eiré e dirixido por Carlos Reigosa será estreado o día 20 no pazo de San Marcos, en Lugo. Os dous autores do filme presentárono onte na Deputación. Eiré resumiu así a súa visión do último guerrilleiro do franquismo: «Nin foi un bandoleiro, nin foi un escapado, foi un político que non tivo máis remedio que coller as armas para defender a legalidade republicana». Eiré explicou onte que o documental dá por primeira vez os nomes dos gardas civís «que participaron na súa morte e cóntase como o abateron». O actor chantadino Ramón Rodríguez Porto interpreta ao Piloto nestre traballo audiovisual.