FOGONAZO | O |
08 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.O portavoz municipal do PP ameaza con sacar xente á rúa para manifestarse en contra de a proxectada residencia xeriátrica se constrúa fóra de Monforte. Empeño difícil, sobre todo porque aos veciños de Monforte -por algún motivo que quizá habería que estudar- cústalles bastante manifestarse. Só hai que ver o éxito das mobilizacións convocadas polo conflito da fábrica de cerámica do Castelo. Nin sequera o adianto da hora de pechar os pubs logrou mobilizar á poboación, ao contrario do que sucedeu en Chantada.