Simpático azar

CHANTADA

FOGONAZO | O |

15 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

HAI DÚAS posibilidades. Ou é unha coincidencia, ou é unha xogada calculada. Os mal pensados nunca van crer que foi o azar o que fixo caer o mesmo día e á mesma hora o esperadísimo pleno sobre o canon na Diputación e o tamén interesante pleno sobre o canon no Concello de Chantada. Para eles vai este breve surtido de interpretacións improvisadas. A) O presidente da Diputación quérelle evitar ao seu compañeiro de partido, deputado provincial e alcalde de Chantada, Manuel Varela, outro mal trago en San Marcos. B) O presidente da Diputación quérese evitar a si mesmo o trago de ver como un dos seus rompe a disciplina de voto. C) O presidente da Diputación quérelle crear problemas a Manuel Varela, que agora vai ter que explicar esta curiosa coincidencia á moi mal pensada opinión pública chantadina. D) Ao presidente da Diputación vaille a marcha. É, como dirían Faemino e Cansado, un cachondo mental.