FOGONAZO | O |

31 mar 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

«POIS CLARO que me marcho», conta o alcalde Manuel Varela que lle dixo a Francisco Cacharro cando tocou falar de seguir paseando polos tribunais o morto no que para a Diputación se converteu o caso canon. Pode soar pouco e, sobre todo, tardío para todo o que leva chovido dende os tempos nos que Chantada Nova se embarcou nesta reivindicación. Pero no sixiloso couto político de Cacharro parécese moito a un puñetazo na mesa.