Abeledos

La Voz

CHANTADA

A TRIBUNA CRISTINA DE LA TORRE | O |

04 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

«Ó FONDO á dereita» é a resposta comodín cada vez que te orientan nun edificio. Así tamén en Monforte -onde xa quedou claro que non costa nada perderse- atopamos Abeledos. O que se supón que é un barrio é en realidade unha soa rúa ben flanqueada por dúas avenidas, a da porta de atrás do Hospital e a de Chantada. Entre as tres tratamos de entender a disposición dunha vila máis desordeada canto máis ás aforas, pero que ten os seus espacios mimados, como a rúa dos Abeledos. Por ahí pasouse un día un planificador de urbanismo e decidiu que ós corredores de madeira pegadiños todos como se fosen un, lle quedarían ben unhas farolas de ferro estilo London alternadas con arboliños. Non está mal pero cecais esqueceu organizar visitas guiadas ó que parece unha rúa museo, sen comercios, sen roupa tendida nos corredores pero con beirarrúas blancas. Sen embargo, detrás da apariencia pantasma das fachadas coloreadas parece haber algo máis. Algún solar vacío e a enorme distancia entre as rúas paralelas deixa intuir outro Abeledos. Un intramundo de hortas e selva caseira ó cal o visitante, de momento, non está invitado.