O FOGONAZO | O |

14 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

SON TEMPOS complicados para os sermóns dominicais. Caen no día que boa parte da xente nova utiliza para repoñer folgos tras a noite máis longa da semana. E así non hai quen fiche público para a misa. Nesta tesitura hai párrocos que se resignan e outros que se poñen audaces. O de Castro de Carballedo é dos audaces. Como un almuédano no seu minarete, o noso cura retransmite as súas homilías ben alto para todo Castro a través da megafonía exterior da igrexa. Vamos, que se a montaña non vén a Mahoma... todos coa cabeza como un bombo.