«Divas de diván», un espectáculo de Tarabela Creativa, pecha o programa de Nadal da Pobra do Brollón

La Voz

A POBRA DO BROLLÓN

Representación de «Divas de diván» polo grupo Tarabela Cretaiva
Representación de «Divas de diván» polo grupo Tarabela Cretaiva CEDIDA

A actuación ofrecerase este sábado na Casa de Cultura

08 ene 2021 . Actualizado a las 16:53 h.

O grupo Tarabela Creativa representará este sábado o seu espectáculo Divas de diván na Casa de Cultura de A Pobra do Brollón. A actuación ofrecerase ás sete da tarde e para asistir é preciso realizar unha reserva previa mediante unha mensaje de WhatsApp ao número 650 624 828. O espectáculo pechará as actividades do programa cultural «Nadal na Guimaralia», organizado polo Concello para o período festivo que acaba de terminar.