Celebrarase entre o día 29 deste mes e o 8 de decembro. A mellor tapa elixirana os clientes
26 nov 2013 . Actualizado a las 12:45 h.Sete establecementos de hostelería participarán este ano no Concurso de Tapas da Pobra do Brollón. A quinta edición deste certamen que organiza o Concello da Pobra celebrarase entre o día 29 deste mes e o 8 de decembro, os douus incluídos. As mellores tapas serán elixidas por votación popular.
Entre os hostaleiros que competirán por ofrecer a mellor tapa hai un de Salcedo e outro de Cereixa. Os cinco restantes son da capitalidade municipal. Nos sete establecementos, as tapas terán que estar ao dispor dos clientes como mínimo entre as doce e as dúas pola mañá e das sete ás dez en horario de tarde. Cada establecemento terá un cartel que o identifica como concursante, os cupóns para que os clientes poidan votar e unha urna para deixar o voto. Gañará o que máis puntos dea conseguido. O primeiro, segundo e terceiro máis votados recibirán trofeos e diplomas acredidativos. Serán entregados o 5 de xaneiro na Casa da Cultura Olga Novo, dentro da programación de Nadal que organiza o Concello.
Os establecementos que competirán no quinto Concurso de Tapas da Pobra do Brollón son os seguintes:
-Bar Avenida, coa tapa "Champiñón preñado".
-La Vieja Taberna, con "Porco bravo con produtos de outono".
-Bar O Pirata, con "Fabada portuguesa".
-Cantina de Julia, en Salcedo, con "Niño de polo lactouro".
-Bar 1º de Mayo, con "Polbo en cama branca".
-A Salanova, en Salcedo, con "Mexillóns recheos".
-O Fogón, en Cereixa, coa "Táboa o Fogón".