«O futuro e a viabilidade do Lemos pasan pola Terceira»

Luis Conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

MFG

O técnico Edu Rodríguez ten clara a folla de ruta do club monfortino

23 dic 2025 . Actualizado a las 16:37 h.

O adestrador do Lemos ten claro que o futuro do club pasa pola Terceira Federación. Asegura que a regularidade será clave para lograr o obxectivo.

—Falamos da fase de ascenso, pero cal é o obxectivo?

—Xogar esa fase de ascenso. Hai que recordar que o Lemos vén de tres tempadas nas que se salvou nas derradeiras xornadas. Hai que valorar onde estamos.

—Onde estará a clave para cumprir esa meta?

—Ter regularidade na segunda volta do campionato.

—Por onde pasa o futuro do Lemos?

—O futuro e a viabilidade do Lemos pasan pola Terceira Federación.

—Xa pasaron 21 anos do último ascenso á Terceira Federación.

—Para un lemista ser capaz de ascender a Preferente e disputar unha promoción de ascenso á Terceira sería o máximo.

—Centrando a cuestión no eido individual, a que aspira Edu?

—O meu obxectivo é chegar ao fútbol profesional. A día de hoxe, a miña prioridade son o meu fillo, a miña parella e o Lemos. Si que é certo que nun futuro non moi lonxano gustaríame dar o salto.

—Vostede si que aposta pola xente nova.

—Hai que destacar aos rapaces de Monforte. Aí están Younes, Lamús, Iker, Dani Blanco, Cereijo, Javi Vila, André Lui e Vilariño. Todos teñen protagonismo no primeiro equipo. Por aí pasa o futuro do club.

—Poucos partidos perdeu do Lemos B.

—Moi poucos. Gústame ver aos chavales, a súa evolución. Este ano, Óscar Moure [é o director deportivo] fixo que houbese cercanía entre primeiro e segundo equipo, algo que antes non existía. Yesi é unha persoa cercana. Durante a semana traballa con nós e a sintonía é total.

—Como é a súa relación con Moure?

—Moi boa, pero eu diría que con todo o club hai entendemento. Deixan liberdade para traballar. Non houbo ningunha mala palabra en ningún momento. Moure sorprendeume para ben. É unha persoa moi capacitada para levar este Lemos.

—Hai que destacar tamén a futbolistas que levan anos picando pedra, non si?

—Sen os xogadores que viñeron non estariamos onde estamos, pero hai que resaltar o traballo dos que levan moitos anos loitando por este Lemos.