«A entidade non está preparada para a Terceira»

Luis Conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CARLOS CASTRO

01 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Edu Rodríguez preocúpalle o futuro do Lemos. Non entende como a estas alturas non hai novas sobre o novo proxecto.

-Preocúpalle a situación actual do Lemos?

-Si, moito. Non ten sentido que a falta de dúas ou tres semanas para que se inicie as pretempada o Lemos estea neste impás. Non o entendo. O futuro do club está no aire. O ideal sería moverse canto antes polo ben da entidade.

-En ningún intre reconsiderou a posibilidade de seguir?

-Non. Eu xa tiña pensado deixar o Lemos a pasada tempada, pero tal e como rematou pola pandemia, entendín que o mellor era seguir e acabar co mandato da xunta directiva. Pero con respecto a este ano, teño que dicir que decisión de marcharme estaba mastigada e moi meditada.

-Está preparado o Lemos para ascender á Terceira División?

-Agora mesmo, o Lemos non está preparador para ascender á Terceira.

-Por que?

-Primeiro hai que ter un proxecto, e despois unhas bases ben asentadas no eido económico e noutros ámbitos. Considero que se necesitan diferentes persoas con diferentes roles no club, e hoxe non existen.

-A que se refire?

-Non hai unha estrutura sólida para afrontar una tempada con garantías de ascenso. No Lemos necesítase unha persoa que se sinta identificada co proxecto e co que é o club. E que sexa capaz de atraer futbolistas, e no tocante ao ámbito deportivo que comulgue coas mesmas ideas futbolísticas que o adestrador, porque a partir de aí si pode medrar o Lemos.

-Que mensaxe lle envía aos afeccionados e socios lemistas?

-Darlles as grazas. Quero agradecerlle o respecto que sempre tiveron cara min. E pídolles que sigan apoiando ao Lemos. Se eles e o sector empresarial e comercial se volcan o futuro do club será esplendoroso e si poderemos pensar nun equipo en Terceira División.

-Onde adestrará Edu?

-Teño varias opcións. Irei a un club que me xenere ilusión e que teña un proxecto gañador.

-Una reflexión final.

-Agradecer á xente que estivo comigo, dende Alipio ata Cordas, e dende Gonzalo ata o último en chegar. Sen o seu compromiso, o club non tería cumprido os obxectivos.