A escala humana


La escala humana é o nome do documental dedicado á obra de Jan Gehl, urbanista dinamarqués aínda en activo, responsable entre outras cousas da actuación efémera de peonalización do tramo de Brodway en Nova York, á altura de Times Square, e que participou na humanización de cidades como Copenhague, Londres, Melbourne, Sidney, Moscú, Riga, etc. Joan Busquets, urbanista catalán e catedrático da Graduate School of Design da Universidade de Harvard (EEUU), expón no seu documento máis significativo, X Lines, as dez propostas de cidade nas que engloba calquera actuación urbana, onde o nexo de unión de todas elas é devolver espazo público ao peón. Podería seguir con tantos e tantos exemplos e non atoparíamos ningunha actuación na que se pense en devolver espazo aos vehículos nas cidades a costa de roubarllo ao espazo peonil, como provocou o movemento fordiano do século XX. Logo como permitirmos en Monforte, unha vila galega con menos habitantes que calquera dos barrios das cidades anteriores, que se percorre a pé en apenas quince minutos, con desnivel inexistente salvo no outeiro de San Vicente, dedicarmos recursos a facilitar o uso do vehículo privado? Como permitirmos actuar partindo en dous o entorno natural do Malecón, unha peza verde de beira de río dentro dun entorno urbano, desexo de calquera cidade do mundo? En Monforte temos condicións urbanísticas e morfolóxicas que nos permiten manter, sen necesidade de actuar a prol do vehículo, a escala humana da cidade.

Non dubido que o alcalde teña as mellores intencións para o pobo de Monforte, sinceramente, pero ás veces no «fragor da batalla» pódense tomar malas decisión con resultados nefastos. Pídolle aos responsables desta idea que nos escoiten, que atendan aos argumentos de arquitectos e urbanistas que estamos a lidiar con isto a diario. Uns con actuacións máis modestas que outros, por suposto, pero todos priorizando o ben común, base de calquera proxecto urbano: a escala humana.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A escala humana