É a primeira vez que na cidade se pón en marcha unha iniciativa editorial deste tipo desde a publicación da colección de poesía galega Val de Lemos, promovida por Manuel María, que apareceu entre os anos 60 e 70. O obxectivo principal da Biblioteca de Mesopotamia consiste -segundo os seus responsables- en «reconstruír unha paisaxe literaria sobre a paisaxe xeográfica».
prehistoria e antigüidade
Un dos libros que a Biblioteca de Mesopotamia ten previsto editar este ano é o primeiro volume dunha historia xeral das comarcas do sur lucense e do norte ourensán que estará dedicado á prehistoria e a antigüidade. Este libro está a cargo do arqueólogo Xurxo Ayán -á dereita-, natural da Pobra do Brollón. Será presentado no castro de Cereixa, onde se desenvolve desde o ano pasado un proxecto de arqueoloxía social no que participa Ayán.