Do taboleiro de xadrez ata a pista de baile de salón

K. ARMESTO / C. C

LEMOS

ROI FERNANDEZ

01 oct 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

1Rematadas as vacacións de verán, cómpre deixar o sedentarismo a un lado e coidar o corpo da mellor maneira, facendo deporte. Así pensan os que se inscriben nas escolas deportivas municipais de Chantada, que fixeron onte a súa presentación no pavillón municipal. Ao acto asistiron o alcalde Manuel Varela, o coordinador das escolas deportivas Guillermo García e o concelleiro de deportes José Castor Novoa Nel presentáronse as actividades para todas as idades e tamén para diminuídos que se impartirán durante todo o ano: fútbol sala, fútbol once, fútbol oito, tenis, badminton, baloncesto, patinaxe, patinaxe artística, ximnasia rítmica, baile de salón, xadrez, kárate, atletismo, pin pon, ximnasia tonificadora, tenis, e a novidade do multideporte para nenos de catro anos.

Os beneficios do xadrez

2Mentres en Monforte, no centro de maiores da fundación Novacaixagalicia e coa colaboración do círculo chantadino de xadrez organizouse onte a charla «Achegamento ao mundo do xadrez», impartida polos mestres internacionais Alejandro Hoffman e Dragan Paunovich. Xusto ao remate da charla os asistentes puideron participar nunha dinámica partida de xadrez.

Domingo xudeu

3Dinámicas tamén foron as visitas guiadas polo investigador monfortino Felipe Aira o domingo con motivo da celebración da Xornada Europea da Cultura Xudía. Entre as visitas das 11:30, 17:30 e 19:00 horas xuntáronse arredor de 140 persoas. A pesar do mal tempo que acompañou a tarde do festivo, mofortinos e chegados de Quiroga e Pantón, co paraugas na man, animáronse a coñecer as pegadas hebreas da cidade. Segundo o investigador, o encontro foi máis que agradable, a xente quedou satisfeita e as visitas duraron máis do planificado por propio interese dos asistentes, que non deixaban de asombrarse da riqueza da zona.