07 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
Que un neno de once anos axude ao mestre a dar clase aos alumnos de menos idade poder ser un feito que explique o ambiente vivido na escola de Cadavedo hai máis de 60 anos. Nesa situación se viu Dino Pacio, que daquela, se cadra, non imaxinaba que co tempo dedicaría a súa vida a orientar a outros na formación e no coñecemento. O seu traballo en América, onde vive, estivo moi centrado na integración da xuventude, fundamentalmente da República Dominicana. Na universidade na que deu clases centrou o seu labor docente en explicacións de sociolingüística.