Inauguran en Castro Caldelas unha mostra fotográfica sobre a Ribeira Sacra

monforte / la voz

LEMOS

04 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O consorcio turístico inaugura hoxe no centro comarcal Terras de Caldelas -ás sete da tarde- a mostra artística «Ribeira Sacra, camiño aos sentidos», que recolle traballos dos membros da asociación Phosgalicia, formada por fotógrafos profesionais e afeccionados.

A exposición permanecerá aberta en Castro Caldelas ata o 2 de xullo. O horario de visita é de de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, de luns a venres, e de 11 a 14 e de 17 a 20 as fins de semana. Posteriormente, a mostra será trasladada ao centro comarcal Terras de Lemos, onde poderá ser visitada ao longo de todo o mes próximo.