Nucha e Mucha e Roberto Vilar participarán en Km0 a Compostela


Dentro do programa Km0 a Compostela, o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o grupo de amigos en Facebook I?m from Lugo, percorrerán o vindeiro sábado un treito do Camiño Primitivo ao seu paso polo concello de Lugo. Neste percorrido dende a ponte da Chanca ata o barrio da Ponte estarán acompañados polos recoñecidos humoristas galegos, as cantareiras de Ardebullo, e polo tamén humorista e presentador de televisión, Roberto Vilar, ex integrante dos Tonechos.

En total serán máis de 300 persoas as que realizarán o sábado ese treito da ruta xacobea que tamén pasará pola Muralla de Lugo. Desde a Deputación sinalan que a participación dos amigos en Facebook I?m from Lugo xurdiu a raíz das pasadas festas de San Froilán, cando a Deputación distribuíu camisetas desta campaña en colaboración con outras administracións e entidades.

Persoas relevantes

Esta será a terceira ruta que organiza o organismo provincial no marco do citado programa, co que a Deputación se converteu na primeira administración cunha programación estable previa ao Xacobeo. Nas anteriores rutas xa participaron outras personalidades relevantes do deporte e da vida social e política galega e española.

Entre os que fixeron o Camiño de Santiago en Lugo dentro deste programa figuran a alpinista Chus Lago, o ex xogador de baloncesto e comentarista deportivo Fernando Romay, o equipo do Leite Río Breogán, os campións nacionais de rally Sergio Vallejo e Luis Moya, colectivos como a Sociedade Española do Corazón, directores de medios de comunicación de Galicia e autoridades como o presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla.

Desde a Deputación Provincial consideran que a presenza de personaxes carismáticos como os citados ou como os humoristas galegos que van sumarse este sábado á iniciativa contribúe a promocionar as rutas xacobeas luguesas, a fomentar o turismo a través do deporte e da multiaventura e a impulsar a economía provincial, xa que o Ano Santo é unha extraordinaria oportunidade para xerar riqueza en Lugo e en todos os concellos polos que pasa o Camiño de Santiago.

Vive Camino

Toda la información sobre el Camino de Santiago en Vive Camino

Votación
0 votos

Nucha e Mucha e Roberto Vilar participarán en Km0 a Compostela