O Concello anunciou onte a convocatoria dos concursos de narración e debuxo que se celebran todos os anos en coincidencia coa festa do Día das Letras Galegas. Nesta ocasión, o argumento central dos traballos que se presenten a estes dous certames deberá ser o amor.
A programación preparada polo Concello ao redor da festa das letras inclúe tamén un festival musical o día 18 no auditorio do edificio multiusos. Empezará ás cinco da tarde e actuarán a banda municipal de gaitas, e os grupos municipais de acordeóns, baile tradicional, e cantareiras e pandeireteiras, ademais do grupo de Amigos da Pandeireta, e a Coral Renfe e a Coral Polifónica do Concello. Antes diso, o día 10, a compañía de teatro Lagarta Lagarta porá en escena a obra Aeroplanos, tamén no edificio multiusos. Por outro lado, o Concello colabora coa carreira non competitiva para escolares Correlingua, que pasará por Monforte o día 8.