Os trípticos para previr os riscos do consumo de distintas substancias nas festas de Monforte non chegaron aos rapaces
17 ago 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Este é o cuarto ano que dende a Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte poñen en marcha unha campaña para previr os riscos do consumo de distintas substancias con motivo das festas patronais da cidade do Cabe. A campaña consistía en repartir entre os locais de hostalería da praza da Compañía e da rúa Duquesa de Alba uns 20.000 dípticos con recomendacións para previr os riscos asociados ao consumo de alcol, cocaína, cannabis e drogas de síntese.
Este ano, como novidade e co obxectivo de que os rapaces gardasen os dípticos, dende a Unidade de Drogodependencias numeráronos e anunciaron algúns regalos. Luisa Astray, educadora social do mencionado servizo, afirma que nos locais que visitou estes días non había ningún que tivese á disposición dos máis novos os folletos. Ante esta situación «nos planteamos muy seriamente organizar una nueva campaña el año que viene porque cuesta trabajo y dinero y no tiene sentido si los impresos no llegan a los jóvenes», sinala Luisa.
A participación dos locais hostaleiros nesta campaña é voluntaria. Os donos dos establecementos reciben unha carta na que se lles informa que aqueles que non queiran participar deben facelo saber, para non enviarlles os trípticos. Segundo Luisa Astray, «ningún dueño avisó de que no estaba interesado en participar» e puntualiza que «la campaña no va en contra de sus intereses, porque no dice que no se consuma alcohol, sino que se haga de una manera que sea menos perjudicial». En canto ás outras substancias, Astray considera que son ilegais e polo tanto non debería importalles que se traballe contra o seu consumo.
Conscientes da posibilidade de que os locais deixasen o material apartado nun recanto, dende a unidade fixeron o reparto dos folletos en plenas festas. Segundo Luisa Astray, o obxectivo da campaña é dar a coñecer que moita xente consume estas substancias, aínda que non sexa habitualmente, e que ese consumo implica numerosos riscos.
Sobre se os rapaces son conscientes dos perigos que conleva o consumo destas substancias, Astray mantén que «son totalmente insconscientes y tienen una percepción del riesgo muy baja y en relación con las drogas, mucho más».