«¿Qué culpa tiene el tomate?» é o nome do proxecto documental colectivo no que o director lucense Jorge Coira amosará trazos da cultura e dos xeitos de vida de Galicia. Sete países iberoamericanos participan nesta aposta audiovisual. Deste xeito, ademais de Coira, estarán presentes directores de Bolivia, Brasil, Venezuela, Colombia, Arxentina e Perú, que filmarán os seus pobos. «Cada un fai unha parte e eu fixen Galicia. Despois, o material montarase para facer unha longametraxe», engadiu Jorge Coira. Proxectos Para este ano, o director ten en mente realizar un proxecto de cine que cualifica de «fora do común» que lle apetece moito emprender. Se os plans marchan segundo o previsto, o cineasta lucense rodará unha parte do traballo en localizacións de Santa Cristina de Feira do Monte, Rábade e Santiago de Compostela.