Aínda que Roberto Castro é máis coñecido pola súa faceta como politico, xa que é concelleiro de Cultura no Concello de Ribas do Sil, o próximo ano 2008 cumprirá dez anos ao cargo da escola de música municipal.
-¿Cando se acerca vostede ao mundo da música?
-Con once anos. Aquí en San Clodio había unha asociación cultural que se chamaba A Moá. Tiña como actividades as clases de baile e de música. Ahí empecei eu, aprendendo a tocar a frauta.
-¿A frauta?
-Sí, empecei con iso, pero logo, pola miña propia conta fun aprendendo a tocar a mandolina, o violín, a guitarra. Grazas a iso conseguín tocar moitos instrumentos, pero ningún ben de todo.
-¿E como chegou a formar a escola municipal?
-Algúns dos que estábamos naquela asociación formamos logo o grupo Brigancia. Tocamos ata o ano 92 e logo, por circunstancias da vida, uns e outros fúmolo deixando. Cando no 98 o PSOE consigue a alcaldía, organizamos un curso de música que funcionou tan ben que decidimos esforzarnos en crear a escola de música.
-¿Foi complicado?
-Bastante, pero con axuda de subvencións de aquí e de acolá conseguimos comprar os instrumentos, que era o máis complicado.