O novo presidente do consorcio pide a cooperación das deputacións de Lugo e Ourense

La Voz

LEMOS

O novo presidente do consorcio turístico da Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto, mantivo o pasado martes unha entrevista co presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, na que se falou sobre unha posible colaboración para fomentar a actividade turística na zona. Baltar manifestou «a súa total disponibilidade de cooperación» co consorcio, segundo afirma a directiva deste organismo. Armesto solicitou tamén unha entrevista co presidente da Deputación lucense, José Ramón Gómez Besteiro, co obxectivo de falar igualmente sobre o desenvolvemento do turismo na Ribeira Sacra. Por outro lado, o consorcio presentará o próximo día 18 no seu posto da Feira de Silleda a campaña Cómete o viño , preparada pola asociación Lugosur. No posto ofreceranse degustacións de viños da zona e de pratos de caza preparados pola Escola de Hostalería de Sober.