A PIE DE CALLE «A comarca de Lemos e Monforte son cada vez máis coñecidos»

Alberto López
Alberto López MONFORTE

LEMOS

TRABALLADOR DO CONCELLO

30 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?osé Martínez Rodríguez, que traballa actualmente na Casa de Cultura de Monforte, encargouse anteriormente da oficina municipal de turismo e é un experto coñecedor do patrimonio histórico local. -Cada vez son máis os que veñen porque xa o coñecían a través dos medios de comunicación ou de Internet. A comarca de Lemos e a súa capital cada vez son máis coñecidas. -¿E que impresión levan cando terminan a súa visita? -Quedan sorprendidos, porque se Monforte non ten unha grande cantidade de monumentos, ten elementos moi relevantes e singulares. Cousas como o museo de arte sacro, o Colexio da Compañía, o conxunto de San Vicente ou o pazo de Muíños de Antero non se ven en todas partes. -¿Os visitantes galegos son máis numerosos que os de fóra? -Depende da época do ano. No verán e en Semana Santa, os foráneos chegan a ser tan numerosos como os galegos. E cada vez están vindo máis estranxeiros, sobre todo do Reino Unido e de Alemaña. -Persoalmente, ¿con que monumento de Monforte se quedaría? -A verdade é que non sabería escoller. Cada un ten o seu valor e a súa singularidade e son moi diferentes uns dos outros. O que hai que facer é coñecelos todos.