O centro da cultura de Sarria

Crónica | Villa Aurelia Este mítico edificio é na actualidade a sede da Sociedade Recreativa La Unión. Adquiriuna sendo presidente da entidade o señor Landín e antes disfrutábana en réxime de aluguer


sarria

No antigo nomeamento da Alvareda, terreos secularmente vencellados ao igrexario da Santa María de Sarria, o industrial chocolateiro sarriao, don Venancio Vázquez López, sobriño do filántropo don Matías López López e irmán de Matías Vázquez López (Moreno), por compra de varias parcelas reuniu un solar de certa entidade dando fronte á estrada de Valdeorras e na traseira á estrada de Sarria a Portomarín ou a San Martiño de Castro, e no lateral dereito confrontando coa antiga corga da Alvareda, que por acabar entre propiedades de membros da mesma familia pasou a ser o Calexón de Moreno (agora rúa Marquesa de Casa López). Venencio María Vázquez López, que naceu o 18 de maio de 1847, era fillo dunha irmá de Matías López (Manuela López), e dun carpinteiro, procedente de San Pedro de Froián, Xosé Vázquez Mourelo, e asentou moi novo en Madrid, onde co apoio do seu tío foi quen de facer unha considerable fortuna. Celebrou dos casamentos, un con dona Aurelia e outro con dona Dores. Tivo por fillos a Dores, Guillerme, Anxo e Venancio Vázquez Rodríguez. Son descendentes de don Venancio Vázquez, residentes na Sarria de hoxe os membros das familias Quiroga Vázquez, Marra Quiroga, López Quiroga...ÁrboresTenente de alcalde en Madrid, deputado en Cortes e primeiro presidente do máis antigo Centro Gallego de Madrid e membro activo da Cámara de Comercio madrileña, Venancio Vázquez López, que tamén tivo actuación importante con ocasión dun grave terremoto en terras andaluzas, apoiarán dende Madrid moitas iniciativas dos seus conveciños sarriaos e do Concello, e pasará na vila nadal as súas vacacións e períodos de lecer. Para mostra palpable da súa riqueza, seguido o exemplo do seu tío, alzará Villa Aurelia, fermoso palacete don fermoso parque no que planta especies como un cedro do Líbano, un teixo, pinsapos etc, que amosan na actualidade todo o seu esplendor.No limiar do chalé colocou a W, anagrama de Venancio Vázquez e o ano (1890) da construción. Como vila de vacacións, de corte francés, Villa Aurelia, así nomeada en honra da súa esposa, xogará un papel importante nas relacións sociais de Sarria de fins do XIX e primeiras décadas do XX. Destacable é o feito histórico da presenza nesta casa do rei Alfonso XIII, onde, na galería, tomará unha sinxela merenda, con ocasión das célebres manobras militares de Bóveda. Uns cravos dourados colocados no piso da galería, lembraron tempos atrás a situación do sofá onde tomou asento o monarca (hoxe non estaría de mais que se instalase nesa estancia un recordatorio da visita). Reuniu Venancio Vázquez unha ampla colección de botixos, hoxe dispersa que foi obxecto dunha exposición na Casa da Cultura de Sarria, cando foi concelleiro do ramo o doutor Miranda Ruiz. Na rúa do Porvir (agora Marqués de Ugena) construíu outra casa de soto, baixo, principal e bufarda (na que tamén aparece o anagrama W), sinalada agora co número 44, cunha grande horta posterior, que agora, na súa maior parte, forma parte da Praza da Vila. No cemiterio municipal, o máis grande e ostentoso dos mausoleos, que foi planeado polos servizos técnicos do Concello de Madrid, onde el era edil, é de don Venancio Vázquez, construído con cantería de Betote, e que ten unha dimensións pouco acostumadas na zona. Como os fillos non gustaban e actividade industrial paterna, don Venancio Vázquez acabou integrando o seu negocio nunha sociedade de galletas e doces, de más amplas dimensións, que na Guerra Civil resultou destruída. Villa Aurelia, en 1931 pasou en réxime de arrendamento a ser sede da Sociedade Cultural e Recreativa La Unión e sendo presidente da entidade o señor Landín, foi xa adquirida en propiedade, constituíndo un motivo de orgullo para tódolos asociados e sarriaos en xeral, como simbólico foro para o diálogo, o civismo e a cultura.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

O centro da cultura de Sarria