Concorrida homenaxe con palabras e música na Casa de Cultura

La Voz

LEMOS

?ntes da inaguración do monumento, celebrouse na Casa de Cultura un acto de homenaxe que foi presentado por Sabela Torres, neta do antigo rexedor. Nesta ocasión tomaron a palabra, sucesivamente, a concelleira de Cultura Alicia Cadarso, e os deputados autonómicos María Xosé Vega, José Tomé e Dámaso López. Nas diferentes intervencións aludiuse ao papel de Celestino Torres como primeiro alcalde democrático de Monforte desde a Guerra Civil, como deputado, empresario e traballador de diversos sectores, incidindo repetidamente no seu carácter dialogante e aberto, na súa «profunda calidade humana» e na súa «lealdade con Monforte». A homenaxe celebrada na Casa de Cultura complementouse con actuacións musicais da Coral Polifónica do Concello, a Rondalla de Benfeita e o grupo Citania.