TRIBUNA | O |
14 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.A ASOCIACIÓN veciñal da Penela, xunto coa asociación veciñal das Nocedas, manifestamos o noso malestar polas declaracións feitas polo concelleiro de Obras Rurais, José Tomé Roca, nestes últimos días. Non tendo información suficiente sobre o tema da traída de augas e sabendo unicamente que teríamos que pagar os veciños as nosas acometidas, pouco teríamos que agradecerlle a este concelleiro se esta traída está subvencionada. Porque pagando as acometidas ao prezo que nos presupostou Aqualia, seríamos os veciños os que pagaríamos toda a obra. Na prensa do pasado día 11, asegura o señor Tomé que o señor alcalde pretende quedar ben cos veciños e deixalo quedar mal a el, pero iso non é necesario, xa que o señor Tomé é o bastante para quedar mal cos veciños, xa que nunca se preocupou de informarnos debidamente e por riba e por se fose pouco, tira a pedra e di que non é cousa del, senón que é competencia do señor Rivera, concelleiro de Servizos. Foi a súa resposta a un veciño preocupado polo tema. Como veciños sen ningún interese político, pedímoslle a este concelleiro que dea a cara, que fale coas parroquias implicadas dunha maneira clara, que se deixe de facer política barata na prensa e que conte con nós, que somos os interesados.