TRIBUNA | O |
12 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.BRANCO e negro identifican os bandos do xadrez, contrastan o Arlequín, representan luz e escuridade. Branco sobre negro: nitidez, claridade e negativo fotográfico. Blanco, lucense en Madrid, segundo do PSOE. Negro de asfalto, Ministerio de Fomento.Blanco, afirmando que a autovía A-76 pasará polo sur lucense, din que dixo: «A miña palabra vale máis que a de calquera responsable do Ministerio de Fomento».En efecto, a palabra de Blanco -en materia de fe e costumes socialistas- vale máis ca as de Fomento. En materia de estradas, coido que non.Fomento, desde Madrid, é quen fai as estradas e só o Presidente do Goberno, xefe natural da Ministra, pode facer valer a súa autoridade, aínda que ben se comprende que ó estar tan lonxe precise información e consello de entendidos.Eu celebro que Monforte chegue a ter esa autovía. Ese é o fondo que a todos nos interesa. Pero hai que coidar as formas, que en política son moeda de curso legal. Que Blanco domina sobre o negro, ¡seguro! Pero dicilo así, subordinando o goberno ó partido, sona moi forte, aínda neste concerto desafinado da política actual.