? PSOE quirogués considera que a iniciativa do goberno municipal de alugar as prazas dispoñibles no aparcamento subterráneo da praza de España responde a unha proposta formulada por esta formación política no último pleno «para paliar o fracaso» que supuxo ata agora esta zona de estacionamento. Os socialistas afirman que polo momento o Concello só conseguiu que se adxudicasen de forma permanente nove prazas das cincuenta que ten o aparcamento, o que ao seu xuízo demostra que os veciños teñen «pouco interese» por el. Segundo o PSOE, o estacionamento é «un exercicio de vaidade» por parte do alcalde e «un emblema da falta de previsión», pois ao seu parecer «a súa demanda social é praticamente inexistente». Críticas do BNG Por outro lado, o BNG de Quiroga cualificou de «estrepitoso fracaso» o funcionamento do centro de acollida de animais da vila e recordou que xa en decembro do 2003 afirmara que esta instalación non tería utilidade. Os nacionalistas insisten en que a ubicación deste centro no polígono industrial e engaden que «a mala calidade da infraestrutura e o deseño da mesma non eran coherentes co relevante refuxio que pregoaba o alcalde».