Lume para recrearse

Jesús M. García OURENSE

LEMOS

SANTI M. AMIL

Crónica | Festa dos Fachós O tempo axudou. E o feito de ser venres. A vila caldelá rexistrou numeroso público na súa festa máis famosa e enxebre coa que se lle da paso ao día de San Sebastián

19 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Ás sete e media do serán xa non se cabía no adro do santuario, que aínda é amplo. A xente bailaba ao son dos Trabazos e os Guezos. Os fachós pequenos, ao final máis de setecentos, fóroronse repartindo, sobrando somentes unhos poucos. O fachón maior, de 34 metros de longo, foi prendido ás oito menos cuarto do serán polo acalde, Eladio Osorio e polos delegados de Presidencia e Sanidade, Conchita Camiña e José Monedero. A procesión do lume discurriu polo casco vello a escuras. Bombas, campás, gaitas, e os flashes das cámaras ou as luceciñas dos móviles da xente. Ese era o ambiente. Dez minutos despois xa estaban de volta no adro onde ardía a fogueira grande da festa, envolvida polo fachón longo como unha serpe e os demáis foron caíndo nese lume poderoso que quería competir en altura co templo. Os chourizos andaban a cen nas mans dos comensais. Eran bocadillos feitos a conciencia, para recrearse con eles. Mentras, da torre da Homenaxe do castelo saían xogos pirotécnicos. «Da gusto ver esta festa, eu nunca levei un fachón pero axudei a facer o San Sebastián de palla hai anos», decía María Prieto. Juan Manuel Castro, caldelao residente en Monforte mordía no pan que daba gusto: «Aquí disfrútase. Esta é unha tradición antiga por unha peste e o lume era para purificar. O chourizo... ¡mellor imposible!». Na vila desde hai días xa non había onde durmir. Foi unha noite especial, vistosa e de colección. Hoxe é festivo local, cos actos propios do San Sebastián.