TRIBUNA | O |
18 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.É UN feito que a Galiza rural está a desaparecer de vez. Como me dicía un amigo escritor xa non quedan labregos no campo galego. A Galiza de tese e antítese, a de Alfonso Castelao contra a de Vicente Risco desapareceu. Hoxe hai outra Galiza. A rural está asolagada de vellos pensionados e de pequenos ou medio propietarios, empresarios rurais. Hai que ver as posibles alternativas para o agro galego. As moitedumes alineadas labregas de Castelao desapareceron, froito da emigración, do éxodo á cidade, da desaparición física. Xa non hai labregos, camponeses. O arbotante da Galiza rural e campesiña está a caer. Queda o turismo rural, queda un patrimonio inxente mesmo de bens ecolóxicos, de bens paisaxísticos coma os marabillosos de O Courel, Os Ancares ou as Fragas do Eume. Queda unha mínima porción de cousas. Claro que do señor do Bloque Nacionalista Galego Alfredo Suárez Canal non esperamos grande cousa sen coñecelo moito, con voz de resoante e rexo carro de nación. ¿Ulas alternativas para o sector agrario galego? ¿En potenciar o sector madeireiro, cun coidado e meiró de floresta, de todo canto arboredo queda incólume dos incendios ou no sector lácteo e cárnico? Non sabemos se unha cousa ou outra. Está moi claro que a Galiza rural está vellouza, cansa e parada. ¿De vez? Agardemos que non. É a hora de don Vicente Risco no factor agro e do marxismo urbano de Castelao. No control urbano de Alfonso Rodríguez Castelao, na redución da especulación esquilmadora coma os incendios. Máis árbores e menos ratas de cemento armado.