Fusos horarios

LUÍS MARTÍNEZ-RISCO DAVIÑA

LEMOS

TRIBUNA | O |

26 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

FALANDO das cousas que unen e separan a portugueses e españois, que a raia abrangue os dous estados, a antropóloga Paula Godinho recapacitou sobre afastamento provocado polo feito de que vivindo nun mesmo ámbeto xeográfico teñamos horarios diferentes. Cando predominaban as economías rurais, o asunto non tiña máis trascendencia pois o sol marcaba labor, xantar e descanso. Caso distinto é cando a vida pasa estar condicionada polo horario administrativo e as pautas urbanas substitúen ás rurais. Non estaría de máis que alguén con sentido común propuxese nas Cortes do Estado regularizar este anacronismo. Calquera que visite Levante entenderá que nas Terras de Poniente o sol demora máis en saír, e en morrer. Haberá quen vexa nesta proposta outro intento de desmembrar a España eterna, e iso que nela non se puña o sol. Agora, para evitar tensións, poderiamos suxerir que sexa unha normativa comunitaria.