TRIBUNA | O |
20 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.ANTE o artigo aparecido o pasado domingo neste xornal sobre a morte dun veciño deste municipio, asinado por Basilio Cobo, voceiro do PSG-PSOE de Sober, a Concellería de Servizos Sociais quere aclarar, sen ánimo de entrar en polémica, os seguintes conceptos sobre as actuacións seguidas con esta persoa. Por unha parte, este veciño tiña aberto un expediente familiar dende o ano 1999. Dende esta data tanto el como a súa dona tiveron acceso a diversas axudas económicas ( RISGA, Emerxencia Social, Rai¿) Por outro lado, desde o Concello traballouse incansablemente para mellorar as relacións familiares. Así mesmo, o seu caso derivouse aos sistemas públicos de saúde para que estes valorasen as posibles enfermidades físicas ou psíquicas que esta persoa puidera padecer (Centro de Saúde de Sober, Hospital Comarcal de Monforte, Unidade de Saúde Mental, Centro de Drogodependencias, Unidade de Psiquiatría do Hospital Xeral Calde...). Dende o mes de marzo do presente ano, no que a súa dona abandonou ao domicilio conxugal, esta persoa negouse sistematicamente a recibir algún tipo de axuda, como axuda a domicilio, asistencia médica¿ Unicamente aceptou que o Concello correse cos gastos económicos de alimentación, electricidade e auga. Ante a manifesta situación de deterioro que presentaba e a súa negativa a recibir axuda, o día 27 de abril de 2006 púxeronse en coñecemento da Fiscalía Provincial de Lugo -Destacamento de Monforte de Lemos- estas actuacións, para que actuase da forma que considerase oportuna, xa que, ao non estar incapacitada esta persoa, os Servizos Sociais do Concello non podían levar a cabo ningunha actuación en contra da súa vontade.