Tránsfugas fóra

MARÍA DO CARME GARCÍA

LEMOS

TRIBUNA | O |

26 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O día 23 de Maio do 2006 acordouse un Novo Pacto Antitransfuguismo asinado por todos os partidos, incluído o PP. Nel dise que «os partidos políticos piden que a Fiscalía investigue os casos de transfuguismo», «o compromiso de non incluír nas súas listas electorais a concelleiros calificados como tales», «considera tamén como tránsfugas, a aqueles que se benefician destas condutas», «os grupos políticos asinantes adquiren a obriga de incoar expedientes disciplinarios e expulsar ao concelleiro tránsfuga e a quen se beneficie da súa conduta». É un acordo unánime como o foi o Pacto Antitransfuguismo vixente dende 1998. Pacto que en Sarria se saltou á toureira o PP, gobernando hoxe cunha tránsfuga, e por iso mesmo apoiando a un alcalde ilexítimo. Se o concepto de tránsfuga ampliouse aos beneficiados polo mesmo, en Sarria a lista electoral do PP será enteiramente nova, ningún dos actuais concelleiros e equipo de goberno é válido para ir nas mesmas, por ser todos tránsfugas. Barreiro: ¿promoverá ou consentirá de novo o transfuguismo en Sarria? ¿Para que asinan algo que non cumpren? Se tiveran cumprido o pacto de 1998 isto non tería ocorrido, ou terían expulsado a todos os actuais concelleiros do PP. ¿Cando haberá hixiene democrática e decencia en Sarria, señores do PP, señor Núñez Feijoo?