Coruña

ANDRÉS PAVÓN

LEMOS

TRIBUNA | O |

07 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

BASEÁNDOSE en sesudos análises dos textos de Schopenhauer, algúns chegaron á seguinte conclusión: se non dis que paco Vázquez é un facha é porque ti tamén o es. Eu non simpatizo con Paco Vázquez, paréceme a típica persoa que busca conflictos onde non debera habelos e fai alarde cada vez que pode da súa condición de católico practicante (da mesma maneira que outros o fan da súa condición de galegos militantes). Porén, no eterno contencioso sobre o nome da cidade da que foi alcalde, reavivado estes días, creo que ten a súa parte de razón. Se nos damos unha volta pola praza de María Pita ou pola rúa Barcelona decatarémonos de que non se fala en galego. Para os coruñeses a súa cidade chámase La Coruña -Lacoru para os adolescentes- e iso non o vai cambiar ninguén por moito que se empecine. Como di un bo amigo meu, «fálase máis galego en Sevilla que na Coruña». Se mañá chegase a Mesa pola Normalización Linguüística e nos dixese que o noso pobo ten que denominarse Txantata, ¿cantos veciños da vila do Asma aceptarían e empregarían tal nomenclatura? Eu penso que dous. De todos os xeitos, se queren zanxar dunha vez por todas esta tan estéril polémica sobre o topónimo coruñés téñeno moi fácil: mesas petitorias de referéndum.