Entrevista | Susana Vázquez
20 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.? alcaldesa de Porqueira converteuse, en xuño do 2003, nun dos persoeiros políticos máis buscados e máis atacados. Algúns ata acuñaron os termos «porqueirada» e «baltarada» para definir o acontecido neste pequeno Concello. -¿Como valora a decisión do xuiz? -Estou moi contenta, aínda que teño que decir que estiven moi tranquila en todo momento e confiando na xustiza, por moito que isto se prolongase algo máis de dous anos. -¿Cre que o PSOE recurrirá? ¿solicitará algunha rectificación? -Ó mellor si que recurren, pola repercusión mediática que tivo o caso, mais coido que o informe da fiscal é moi contundente e non deixa lugar a dúbidas. En relación á satisfación persoal non teño nada que esixir, o dano moral xa está feito logo de tanta calumnia e tanta mentira, co cal xa non merece a pena. Non quero disculpas nin rectificacións. Chégame coa decisión rotunda da Xustiza. Ante a Xustiza, que é a institución máis respetada de España, non caben argumentos. -¿É vostede unha das persoas de Baltar? -É obvio que me sinto apoiada por el porque o leva facendo desde o primeiro momento. Ademáis, no caso das obras anuladas pola Xunta, a única voz que me defende é a dos diputados autonómicos do PP. -¿Irá nas próximas co partido de Baltar? -Nin o pensei e é moi cedo para falar diso. -¿Volvería facelo? -Cos ollos pechados. No único que sigo crendo é en traballar para os meus veciños e así o fago desde xuño do 2003.